Saltar ao contido

Palacio Finlayson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio Finlayson
Palacio Finlayson.
Edificio
EstiloNeorrenacentista
EnderezoKuninkaankatu, 7
LocalizaciónFinlayson
Tampere (Finlandia)
Coordenadas61°30′10″N 23°45′24″L / 61.50278, -23.75667
Uso(s)Restaurante
Remate1899
Equipo
Arquitecto(s)Lambert Petterson
editar datos en Wikidata ]

O Palacio Finlayson en finés Finlaysonin palatsi) é un inmoble situado no barrio de Finlayson, na cidade de Tampere (Finlandia). O deseño do edificio foi obra do arquitecto finlandés Lambert Petterson por encargo de Alexander von Nottbeck.

Logo da morte do industrial Wilhelm von Nottbeck en 1890 un dos seus fillos, Alexander, decidiu demoler a vella casa de madeira que construíra seu pai a finais da década de 1840 e onde pasara a súa infancia. A antiga vivenda familiar foi substituída por un palacio de estilo neorrenacentista deseñada polo daquela arquitecto municipal de Tampere, Lambert Petterson.[a][2]

  1. Petterson ocupou o posto de arquitecto municipal en dous períodos: entre 1891–1900 e entre 1902–1918.[1]
Referencias
  1. Nupponen, Sakari (28 de novembro de 2012). "Satakunnankatu 13b eli Koskitalo täyttää sata vuotta". Tamperelainen (en finés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  2. "FINLAYSONIN PALATSIN HISTORIAA" (en finés). finlaysoninpalatsi.com. Consultado o 20 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]